Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEXISLATIVAS ALEMÁS

Merkel non gaña, Schröder tampouco

A conservadora CDU-CSU da oriental Angela Merkel gañou as eleccións lexislativas alemás en porcentaxe e en escanos pero non acadou resultados que lle permitan gobernar con maioría. Con datos aínda non definitivos, obtivo un 35,2%, tres puntos menos ca en 2002, mentres que os socialdemócratas do chanceler Schröder quedarían no 34%, perdendo catro puntos. Por deputados, probabelmente 225 a 222.

- 15:14 19/09/2005
Tags:

Por detrás confígurase un panorama tamén moi igualado: os liberais soben case tres puntos, superando o 10% (61) e os Verdes ficarían no seu 8% (51), descendo inaprezabelmente. O Partido da Esquerda sobrepasaríaos (8,5% e 54 escanos) e entra no reparto xeral de escanos ao que optan logo de cruzar o limiar do 5%. Co partido da Esquerda, que xongue os socialdemócratas desencantados de Lafontaine e os poscomunistas de Gysi, ninguén quere pactar as reformas económicas.

Así pois, ábrense tres posibilidades principais de coalición: CDU-liberais-verdes, SPD-liberais-verdes, ou mesmo un gran pacto entre socialdemócratas e conservadores, se ben Schröder xa se pronunciou contra esta solución.

• Panorama xeral: Alemaña escolle o furado do cinto.
Web das eleccións e resultados de 2002 en escanos e en porcentaxe.
• Xornais: Die Zeit, Frankfurter Allgemeine
Centros galegos en Alemaña. Uns 90.000 galegos e galegas viven e votan aló.
• Os partidos: CDU/CSU (conservadores), SPD (socialdemócratas), Verdes, FDP (Liberais), e Partido da Esquerda.


0/5 (0 votos)