Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOMEAMENTOS NO TEATRO

Ánxeles Cuña dirixirá o Centro Dramático Galego

A directora da compañía Sarabela, a ourensá Ánxeles Cuña Bóveda, foi confirmada pola Consellaría de Cultura como nova directora da compañía institucional Centro Dramático Galego. Ánxeles Cuña, que é licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, está a preparar 'O heroe' unha obra de teatro de Manuel Rivas creada a pé feito para a compañía Sarabela, e que se estreará nun par de semanas. Cuña é das directoras máis galardonadas nos últimos anos e a súa compañía, Sarabela, leva vintecinco anos de funcionamento ininterrompido con obras coma 'O lapis do carpinteiro', 'As sillas' ou 'Así que pasen cinco anos'. Substitúe no cargo o tamén ourensán Manuel Guede, que foi o responsábel nos últimos catorce anos.
• Anuncio de Vieiros: Ánxeles Cuña perfílase como directora do Centro Dramático

- 07:11 27/09/2005
Tags:


0/5 (0 votos)