Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CONSELLO DA XUNTA NOMEA MAÑÁ A BENIGNO SÁNCHEZ COMO DIRECTOR XERAL DA CRTVG

O PP pregúntase se o equipo directivo da CRTVG o nomeou o novo director xeral ou a Xunta

Os representantes do PP no consello de administración da CRTVG criticaron o que, segundo eles, constitúe un "defecto de forma e unha descortesía" da Xunta por non lles informar oficialmente sobre o novo director xeral do ente público. O PP lamenta que o nome do novo director xeral, Benigno Sánchez García, se "filtrase" á prensa antes de comunicarllo ao consello de administración da compañía, como é preceptivo. Segundo o comunicado do PP, o consello de administración foi informado este mércores sobre este asunto. O nomeamento do novo director xeral da CRTVG, será feito público este xoves tras o Consello da Xunta.

- 17:15 28/09/2005
Tags:

O PP quéixase de que "diferentes medios de comunicación de Galicia publicaron xa, a pasada fin de semana, o nome do novo director xeral da CRTVG, mentres que o Consello de Administración non foi informado ata o de día de hoxe. Para os representantes do PP no consello de administración da CRTVG, a filtración do nome do novo director xeral e dos novos directivos do ente público lévaos a preguntarse sobre "quen nomea o equipo, o director xeral ou a Xunta?".

Con todo, e a pesar, segundo o PP, "do ninguneo ao que foron sometidos", os representantes do Partido Popular no Consello de Administración da CRTVG anunciaron a súa intención de absterse na votación na que será elixido formalmente, o novo director xeral. Coa súa abstención nesta votación, os representantes do Partido Popular mostraron a súa intención de "fuxir de calquera tipo de ánimo revanchista e queren dar un voto de confianza ao novo equipo, ao tempo que fan votos polo futuro da CRTVG e as súas sociedades".

O comunicado do PP remata defendendo a xestión económica do anterior equipo directivo encabezado por Francisco Campos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: