Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Os portugueses elixen alcaldes pensando nas presidenciais de 2006

Hoxe case 9 millóns de portugueses están convocados a renovar electoralmente 43.489 cargos políticos locais nos 308 municipios do país, elixindo entre máis de 400.000 candidatos a composición das Cámaras Municipais, Asembleas Municipais e Xuntas de Freguesía. Aínda que se trata de eleccións locais a ninguén se lle escapa a importancia destes resultados na perspectiva das eleccións presidencias que se celebrarán en 2006.

- 12:42 09/10/2005
Tags:

Para o Partido Socialista no goberno do Estado, estas eleccións son unha boa oportunidade para consolidarse e chegar nunha boa posición ás presidenciais de 2006. A crise económica e as medidas adoptadas polo goberno de José Sócrates respecto da reforma das Administracións Públicas semellan lastrar os avances do PS que ao longo de toda a campaña marchou por detrás nas sondaxes de opinión.

Os partidos da oposición, o Partido Social Demócrata e o Centro Democrático Social-Partido Popular, dominan na actualidade o poder autárquico e tentarán impedir que o PS poda facerse co goberno de Lisboa, Porto, Cascais e Coimbra que perdeu nas eleccións autárquicas de 2001.

A maior expectativa política focalízase nas dúas principais cidades do país, Lisboa e Porto. Na capital, o candidato do PPD-PSD, Carmona Rodrígues, avantaxaba amplamente ao socialista, Manuel María Carrilho, máis nos últimos días o PS acurtara significativamente a distancia e mesmo nalgún inquerito adiantaba a Carmona apenas nunhas décimas.

En Porto os prognósticos iniciais que apuntaban que o alcalde Rui Rio (PSD-PP) gañaría esmagadoramente foron postos en cuestión polo avance electoral do socialista Francisco Assis nos últimos días da campaña. As derradeiras sondaxes discrepan sobre o resultado final, mentres Eurosondagem dá dous puntos de vantaxe a Rio, Intercampus asegura que será Assis quen venza por unha estreita marxe dous dous puntos.

Con todo, os resultados estarán fortemente condicionados pola abstención. Moitos analistas salientan que os escandalos que abanearon a campaña electoral municipal acrecentaron o descrédito da clase político e aleitan un fortísimo comportamento abstencionista; segundo algunhas estimacións a abstención, nas que son as novenas eleccións autárquicas de Portugal, se achegara ao 40%.


Ligazóns

0/5 (0 votos)