Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRABALLO PRIVILEXIARÁ ÁS EMPRESAS QUE FAVOREZAN CONTRATOS ESTÁBEIS

O Plan Labora deixará de aplicarse na administración

Co obxetivo de cumprir coa que fora promesa estrela do goberno Fraga en plena campaña electoral de hai xa catro anos, o bautizado Plan Labora para a contratación de mozos sen experiencia laboral, o anterior executivo promovía un elevado número de contratos temporais a través de deputacións, concellos e outras institucións. Segundo explican desde a nova consellaría de Traballo, ese tipo de contratos incumprían a finalidade de inserción laboral, xa que irremisiblemente había que botar fóra aos mozos unha vez finalizaban.

- 06:11 26/10/2005
Tags:

Para rematar con ese problema, de agora en diante o Plan Labora poderá aplicarse en exclusiva no sector privado, deixando fora á administración, que xa posúe os seus propios procesos de oposición para a cobertura de postos de traballo. Ricardo Varela, conselleiro de Traballo, explicou durante a presentación dos orzamentos do seu departamento para o ano próximo que durante o goberno do PPdeG "máis do 90% dos contratos do Plan Labora producíanse na administración pública". Na opinión de Varela, se o goberno galego consegue agora que as empresas usen da posibilidade do Laboral para a contratació de mozos, haberá máis posibilidades de fomento de contratabilidade estábel.

"Consideramos que si se pode axudar á contratación nas empresas, pero se iso vai unido á estabilidade desas contratacións", apuntou tamén Ricardo Varela. O conselleiro explicou que a súa intención nas próximas conversas con sindicatos e patróns é a de propoñerlles coma vía para a reducción da elevada taxa de temporalidade que as axudas da administración privilexien ás empresas que fomentan o emprego indefinido. A consellaría podería establecer mesmo un máximo de contratos temporais segundo o sector empresarial, que unha vez superados pola empresa lle quitarían o dereito a seguir percibindo axudas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: