Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REORIENTACIÓN DOS INVESTIMENTOS

Medio rural paraliza 247 expedientes de obras programadas polo anterior goberno

"Había obras que na miña opinión podían ser discutíbeis desde o punto de vista agrogandeiro e forestal", comentou este xoves o conselleiro de Medio Rural, ao respecto do plan de cooperación local do anterior executivo, "e outras de dubidosa orientación", precisou sobre o plan de infraestruturas. Referíase Alfredo Suárez Canal á peneira de proxectos pendentes do goberno anterior, unha boa parte deles durante o seu período en funcións. Na revisión do novo executivo atopáronse paradoxais investimentos coma son mesmo a construcción de piscinas.

- 17:13 23/11/2005
Tags:

Esta situación motivou a decisión da consellaría de Medio Rural de suspender o proceso de contratación das 247 obras pendentes dese plan de infraestruturas rurais de 2005. "Ao tempo adoptamos o compromiso de impulsarmos un plan de actuacións no rural para os próximos dous anos", explicou Suárez Canal, "no que terán cabida todas as obras deste plan vencelladas co ámbito agrogandeiro ou forestal".

"Algunhas destas obras serán modificadas por outras actuacións con sentido de desenvolvemento rural nos mesmos concellos e previa negociación cos seus responsables, mentres que outras non se executarán", explicou o conselleiro anunciando a apertura inmediata do diálogo cos concellos afectados para definir a reorientación dos investimentos.

"Diante dunha limitación de recursos públicos deben establecerse con rigor as prioridades de actuación desta Consellería", insistiu, subliñando que algunhas das obras previstas "non teñen un carácter de desenvolvemento rural dende a perspectiva agrogandeira e forestal como correspondería ás competencias deste departamento".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: