Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
POLÉMICA POLAS PAPELEIRAS

Arxentina e Uruguai superan o conflito diplomático

O goberno de Tabaré Vázquez (Uruguai) acepta a declaración pública da Chancelería arxentina na que descartan as sospeitas sobre corrupción na instalación das fábricas de papel de ENCE e Botnia na marxe uruguaia do río.
Porén, as diferencias persisten. Comunicados de ámbalas dúas beiras do Río da Prata marcan os desacordos aínda presentes. Os respectivos gobernos están agora preocupados pola participación no IV Cumio das Américas que comeza o mércores na cidade balnearia de Mar del Plata (a 400 km. desde Bos Aires).

- 09:43 02/11/2005
Tags:

Aínda que os gobernos rioplatenses subliñen "as excelentes relacións que manteñen" e que regresen os Embaixadores ás súas respectivas Embaixadas, os comunicados que intercambiaron indican a non superación dos atrancos que preocupan pola instalación das fábricas de papel de ENCE e Botnia na localidade de Frei Bentos (Uruguai), emprazada na marxe oriental do río Uruguai, e consideradas contaminantes polos habitantes da marxe occidental (Gualeguaichú – Arxentina) e polas entidades ecoloxistas.

Busti falara pola radio local e afirmara que as autoridades uruguaias aceptaron algún "incentivo" pola construcción das fábricas. Usando a opinión de sociólogos, filólogos e politicólogos chegaron á conclusión que, no uso común, esa verba pode suxerir corrupción mais non foi esa a intención de ninguén senón subliñar o interese especial de cadaquén.

Na desculpa da Chancelería arxentina inclúense puntos adicionais que foron respondidos polo goberno uruguaio e que destaca o periódico LA NACION (Argentina)

Resumimos puntos e respostas:
Arxentina desexa continuar coa "defensa da calidade medio ambiental do río Uruguai. O goberno uruguaio contesta que asume o "seu inalienable dereito a preservar o medio ambiente e a calidade de vida". Primeiro intercambio fraternal.

A Chancelería arxentina di que o goberno uruguaio "non deu oportuno cumprimento ás estipulacións do Estatuto do Rio Uruguai" e pide a provisión urxente de información sobre os traballos realizados e o proxecto en totalidade. Uruguai contesta que o goberno de Kirchner "debe asesorarse sobre a información subministrada ós técnicos arxentinos" especialmente no tocante a procesos de fabricación e sobre os efluentes líquidos e gasosos. Unha labazada na faciana do irmán.

Os arxentinos solicitan que este conflicto non sexa utilizado para agraviar ás súas autoridades e pobo (Informacións sobre o Gobernador Busti na prensa uruguaia). O irmán uruguaio cala.

Arxentina solicita ás empresas interesadas que "detengan o proceso de instalación das fábricas ata que rematen os estudios solicitados". A resposta do goberno uruguaio foi ratificar que "continuará apoiando a instalación das fábricas". ¡Irmán! Ti tranquilo que eu sei o que teño que facer.

Os presidentes de Arxentina e Uruguai toparanse no IV Cumio das Américas que se desenvolverá na cidade balnearia de Mar del Plata, a 400 Km. de Bos Aires e máis de 700 Km. do obradoiro das empresas. ¿Un abrazo de irmáns no Cumio? Seguramente.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: