Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A DELEGACIÓN DO PARLAMENT DEFENDE O PROXECTO NO CONGRESO

Manuela de Madre: "Aquí non racha nada"

A representante do Partido Socialista Catalán na delegación do Parlament que defende este mércores o novo Estatut no Congreso, afirmou na súa intervención que Cataluña "non é unha nación sen Estado, porque xa ten o seu Estado: o español", definindo a España coma unha "nación de nacións" e subliñando que "a nación catalana non nega a española, senón que a enriquece".

- 13:49 02/11/2005
Tags:

"Onde está o problema, onde a ameaza?", preguntouse a deputada catalana. "Bótasenos de España cando só se concibe un Estado uniforme e pechado", advertiu. Manuela de Madre criticou a quen prefire "a manipulación no canto da política" e ofreceu a "man aberta do Parlament para que a estreiten e non para que a desprecien". "Confiamos na súa capacidade negociadora", pediulles aos deputados do Congreso.

Manuela de Madre insistiulle aos asistentes na necesidade da súa implicación no proceso de reforma estatutaria en Cataluña. Criticando a visión unitaria do Estado español que desde algúns sectores se defende e lembrando a España "franquista que me botou da miña terra", en referencia ás orixes da súa familia en Andalucía, a deputada do Parlament pediu respecto para unha proposta de Estatut que "é respectuosa coa Constitución española". De Madre precisou que se "é preciso revisar esa proposta" será necesario facelo "co traballo de todos".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: