Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A DELEGACIÓN DO PARLAMENT DEFENDE O PROXECTO NO CONGRESO

Artur Mas pide que non se use a Constitución coma "escudo" contra o Estatut

"Cataluña síntese nación porque é nación", afirmou o líder de CiU no Congreso dos deputados este mércores, na primeira das intervencións da delegación que representa ao Parlament catalán na cámara baixa. Con inédito cheo en escanos e asentos de convidados, Artur Mas abriu o turno dos partidos cataláns na defensa do proxecto de novo Estatut para Cataluña defendendo unha "revisión" dos mecanismos solidarios "para que a solidariedade non se convirta en abuso".

- 13:16 02/11/2005
Tags:

"Non se nos pode pedir que non sexamos nós mesmos", dixo Artur Mas ao tempo que defendía a Cataluña coma nación, subliñaba que a aprobación do Estatut no Parlament catalán sumou o consenso do 90% dos deputados e insistía na "vontade de encaixar o proxecto na Constitución" coa que os partidos cataláns afrontaron o debate. Á beira, destacou que CiU "foi sempre defensora da Constitución" e gabou que a súa formación "sempre contribuíu á gobernabilidade de España cando se nos pediu".

Ao respecto do financiamento, comentou que o modelo proposto "é necesario para o progreso da sociedade catalana" e asegurou que está baseado nun "espírito solidario" e "non lle dá as costas ao resto de comunidades", reprochando que se tratase de presentar aos cataláns "coma pedichóns insolidarios". "A solidariedade deixa de selo cando se pon en risco o propio progreso. Entón é cando se convirte en abuso", afirmou Artur Mas. "Cataluña vén a dialogar", dixo o líder de CiU, "e agora tócalles falar a vostedes", dirixulle aos deputados.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: