Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE SOBRE O NOVO ESTATUTO CATALÁN

Rajoy afirma que "a soberanía da nación española nin se comparte nin se delega"

O voceiro do PP, Mariano Rajoy, rexeitou na súa intervención no debate sobre o novo Estatuto catalán que se tramite no Congreso español a proposta do parlamento catalán porque "se trata dunha reforma subrepticia da Constitución". Rajoy, que empregou a maior parte do seu discurso a criticar a Zapatero, advertiu que "a soberanía da nación española non se comparte nin se delega" e que a proposta de novo Estatuto para Cataluña parte dun "erro" fundamental, que "Cataluña é unha nación, logo é soberana e ten dereito en pé de igualdade a decidir as súas relacións co estado español". Rajoy afirmou mesmo que "o novo Estatuto significa menos autogoberno para Cataluña e máis poder para os políticos cataláns".

- 16:31 02/11/2005
Tags:

Rajoy propúxose a Zapatero tres vías de saída para evitar a tramitación do novo estatuto catalán:
- devolver o proxecto aos seus autores, o parlamento catalán, tal como se fixo coa proposta do parlamento vasco
- tramitalo como unha reforma constitucional
- ou establcer un procedemento previo para a tramitación dos Estatutos de Autonomía a partir dun consenso constitucional entre o PP e o PSOE

Rajoy advertiu que "pode ocorrer por primeira vez que un Estatuto de Autonomía se aprobe se consenso constitucional" e adiantou que o PP non participará "nesta nova aventura de Zapatero".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: