Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE SOBRE O NOVO ESTATUTO PARA CATALUÑA

Zapatero defende a tramitación parlamentaria do novo Estatuto catalán

O presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, afirmou que o grupo parlamentario socialista apoiará a toma en consideración por parte do Congreso dos Deputados do proxecto de novo Estatuto para Cataluña. Zapatero defendeu a lexitimidade da proposta aprobada polo parlamento catalán, asegurou que non se trata dunha reforma larvada da Constitución española e reclamou que todas as forzas políticas da Cámara colaboren no debate sobre o novo Estatuto catalán porque "a partir de hoxe comeza o tempo da conciliación e acaba o da intransixencia".

- 07:05 03/11/2005
Tags:

Zapatero referiuse especificamente á redacción do apartado 2 do primeiro artigo do Estatut, onde se definía a Cataluña coma nación, e explicou que a proposta dos socialistas quere evitar polémicas, sumándolle á definición de Cataluña coma "comunidade autónoma con autogoberno, de acordo coa Constitución e o Estatuto" a engádega de "Cataluña tén identidade nacional". Segundo o presidente español, esa fórmula é "perfectamente compatíbel co artigo 2º da Constitución".

"O goberno confía plenamente na España das autonomías en non lle teme nin ao debate nin ás reformas", dixo ao tempo que cualificaba de erro tratar de "responder coa porta nos fuciños" ás demandas catalanas. Así, Zapatero entraba a repasar os puntos potencialmente máis polémicos, coma o financiamento, subliñando que "haberá que introducir modificacións precisas" que na súa opinión "respectarán os aspectos esenciais e non van desnaturalizar o espírito do que se acordou no Parlament catalán".

Á beira e en referencia á distribución competencial, destacou que alén das competencias que a Constitución "reserva en exclusiva para o Estado" haberá marxe de negociación nas competencias compartidas. "A unidade do Estado non significa que sexa uniforme", advertiu, "o centralismo político non é a solución ao debate territorial, senón unha parte do problema".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: