Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE SOBRE O NOVO ESTATUTO PARA CATALUÑA

Francisco Rodríguez: "A Constitución debe responder á realidade, e non ao revés"

"Galiza tén capacidade e quere responsabilizarse dos seus ingresos e dos seus gastos para construír un Estado que baseado no libre consentemento das nacionalidades e rexións que integran España", afirmou Francisco Rodríguez, voceiro do BNG no Congreso. "A España real son os seus pobos: un Estado plurinacional e sostido por todos. Un Estado que debe ser produto da convivencia, e dos intereses e acordos comúns. E isto é o que precisamente propón o Estatut Catalán", dixo Rodríguez ao tempo que gababa que o Estatut definise a Cataluña coma nación e subliñaba a "incuestionábel veracidade" do "Estado plurinacional".

- 08:35 03/11/2005
Tags:

"O Estatut vai na direción de construír un Estado diferente á mítica, irracional, dominante e agresiva concepción de España, que especialmente neste momento, se espalla desde o púlpito á cátedra dos meios de comunicación", reflexionou Francisco Rodríguez. Na súa intervención, o voceiro nacionalista tamén destacou que "Galiza está máis interesada ca ninguén no debate estatutario" afirmando que os galegos "queren saír de 25 anos de submisión e da idea de España que lles negou as súas potencialidades, saír da resignación e intoxicación que nos ve coma pobo subsidiado e do tópico de existirmos pola solidariedade de España". "O Estado soportámolos todos cos nosos impostos e Galiza quere autoresponsabilizarse", concluíu ao respecto.

"Está obsoleta e superada", dixo o deputado do Bloque sobre á Constitución, referíndose ademais ás reflexións de Castelao sobre a identidade catalana, vasca e galega subliñando que "non é un delicto que deba reprimirse nin unha enfermidade que poida curarse, é unha proba de vitalidade dun órgao que reclama garantías legais para funcionar dentro do Estado e o Estado ten que ser o resultante funcional dos seus varios órgaos nacionais".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: