Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENDE BRASIL

Frei Betto visita Galiza

O frade dominico Carlos Alberto Libanio Christo, coñecido como frei Betto, e que foi asesor especial do presidente brasileiro Lula Da Silva está de visita por Galiza. Entre as diversas actividades que realizará, este que é considerado un dos principais intelectuais de Brasil, está o pronunciamento de dúas conferencias, os días 7 e 8, na Fundación ONCE e na Facultade de Ciencias Políticas, respetivamente.

- 14:02 07/11/2005
Tags:

A primeira das conferencias, que terá lugar ás 20:00 horas na Fundación ONCE, tratará arredor da Loita contra a pobreza e obxectivos do milenio; un relatorio que se repetirá ao día seguinte, ás 17:00 horas, na Facultade de Ciencias Politicas. Pero esta non será a única actividade que leve a cabo frei Betto, senón que tamén visitará o Parlamento de Galicia e se entrevistará con representantes dos tres grupos parlamentares, co alcalde compostelán Xosé Sánchez Bugallo, visitará o Consello da Cultura Galega e concederá unha entrevista na Televisión de Galicia.

Frei Betto converteuse nun intelectual brasileiro de referencia mundial grazas aos seus traballos como escritor, educador, xornalista, antropólogo e filósofo e, fundamentalmente, polo seu compromiso social que lle valeu en 1998 o Premio Paolo E. Borselino en recoñecemento do seu traballo a prol dos dereitos humanos e da xustiza social.
Carlos Alberto Libania, que naceu en Belo Horizonte no seu dunha familia de clase media e estudou xornalismo, antropoloxía, filosofía e teoloxía, converteuse nun dos referentes para a Teoloxía da Liberación no seu país. Un compromiso que lle custou o cárcere durante máis de catro anos durante a década dos 70.
A súa ampla experiencia nas distintas problemáticas sociais, levou a que Lula Da Silva, mantivese unha estreita relación con Frei Betto, sendo este o asesor especial e coordinador do amplo programa nacional contra a fame coñecido como Fome Zero. E por tanto, entre o 2003 e 2004 actuou como Asesor Especial do Presidente da República e coordinador de Mobilización Social do Programa Fome Zero.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: