Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INVESTIMENTOS NO RURAL

Mobilización dos deputados e os alcaldes "populares" contra a paralización de expedientes de obras rurais

Os deputados do grupo popular abandonaron os seus escanos e sentaron entre público como mostra de protesta pola paralización dos expedientes de obras no medio rural programadas polo anterior goberno da Xunta. A presidenta do parlamento, Dolores Villarino, amoestou en varias ocasións aos deputados "populares" e finalmente convocou por vía de urxencia a xunta de voceiros. Mentres, no exterior do edificio do Hórreo, unha concentración convocada por alcaldes do PP en protesta pola paralización de investimentos nos concellos rurais accedeu ás inmediacións do Parlamento esta tarde. Alí unhas 200 persoas, entre alcaldes, concelleiros e simpatizantes do PP, foron contidas por un cordón de seguridade policial para que se puidese celebrar o pleno. A orde de traballos do Parlamento inclúe a comparecencia do conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, para explicar a reestruturación do plan de infraestruturas. A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, criticou a manifestación asegurando que pretendía "condicionar politicamente" esta intervención. Os alcaldes populares, concentrados á entrada do Parlamento, berraron consignas como "Non nos moverán", "Con Suárez Canal o rural vai mal" e "Onde está a TVG?".

  • Anteriores: Medio rural paraliza 247 expedientes de obras programadas polo anterior goberno
  • Poden seguir o debate en vivo en Hórreo TV

  • - 17:10 23/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)