Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÁS PORTAS DE QUE A UNESCO DECIDA

Turrando polo Patrimonio inmaterial ás dúas beiras do "blogMiño"

"Nem sempre as fronteiras políticas definem a cultura ou as tradições dos povos. A Galiza e a região norte de Portugal são uma prova disso mesmo", recolle do Diario de Noticias Moncho Novo na súa bitácora. No diario Grande Loja do Quijo Limiano pídenlle ademais ao goberno luso que tén por ratificar a convención da Unesco sobre patrimonio inmaterial. Lua cóntanos da presentación en Lisboa, Fernando Kosta pide "atenção" e "entusiasmo" desde O Porto. "Em direcção a Norte, sinto-me sempre em casa", lemos nas Impressões de um Boticário. En Kan de Palleiro, Gazeta ibérica, Boedense, Bioterra, ou a pé de muralla en lucensismo e outros males, a rede está inzada de referencias e apoios para a candidatura galego-portuguesa.

  • O patrimonio cultural inmaterial é "un factor de dignificación, orgullo e marca de identidade de Galicia e Portugal (...) unha garantía de futuro para a nosa identidade cultural". Únete ás máis de 4.000 persoas que xa asinaron o manifesto en apoio da candidatura.
  • A través do espazo da Unesco internet poden seguir en directo a cerimonia de proclamación das novas Obras Mestras da Humanidade a partir das 11 da mañá en Galiza, ás 10 en Portugal.

  • - 15:45 24/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)