Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANIMANDO O MAR

Miguelanxo Prado presenta o filme 'De profundis'

De profuntis, dirixida por Miguelanxo Prado e coproducida por Continental, Desembarco Produccións e Zeppelin Filmes, é un filme animado no que, segundo o propio autor, "se fai un percorrido polos fondos mariños e polas profundidades da imaxinación do protagonista".

- 17:28 24/11/2005
Tags:

Un traballo de creación e búsqueda artística no que se relacionan as novas tecnoloxías da imaxe, a pintura de Murado e a música de Nani García e que conta co apoio financeiro da empresa Estrella Galicia.

A presentación da película, da que se prevé a estrea en outubro de 2006, tivo lugar no Aquarium Finisterrae da Coruña e contou coa presenza dos creadores e dos produtores. Todos eles coincidiron en que se trataba dunha "obra audiovisual única" e que ten "como único antecedente" a curtametraxe de 2000 O vello e o mar de Alexander Petrov. A historia de De profundis, "unha homenaxe ao mar que parte da estrutura dun conto e desenvolve unha historia máxica, marabilosa, de amor e fascinación", chega avalada por varios galardóns. Un deles é o apoio do Fondo Eurimages para impulsar a produción de obras audiovisuais europeas de especial interese e o outro é o Premio á Mellor Obra no Salón Inernacional do Cómic de Barcelona que recibiu o creador da obra, Miguelanxo Prado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: