Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A UNESCO DECIDE ESTE VENRES

Galiza mira a París nun día histórico para o patrimonio inmaterial galego-portugués

Comezou en París a cerimonia de proclamación das Obras Mestras do patrimonio inmaterial da humanidade. En breves momentos coñeceremos a resolución da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, a Unesco. É a terceira vez que a institución internacional concede esta distinción da que xa gozan 47 espazos, artes ou tradicións en todo o planeta. As tradicións orais galego-portuguesas aspiran este venres a entrar nesa lista. "Pase o que pase o importante é que estamos aquí", gaban os promotores candidatura. Galiza e Portugal prepáranse para a festa. Ao final, o goberno galego estará presente en París no acto de proclamación das Obras Mestras da Humanidade co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e o secretario xeral para a Emigración, Manuel Luís Rodríguez, en quen delegou Touriño a representación da presidencia da Xunta.

  • Ás 11 da mañá o director xeral da Unesco, Koïchiro Matsuura, resólvenos a dúbida. A través do espazo oficial da institución en internet poden seguir en directo a cerimonia de proclamación das novas Obras Mestras da Humanidade a partir das 11 da mañá en Galiza, ás 10 en Portugal. Anteriores:
  • O Patrimonio: sen resposta do presidente da Xunta e coas portas dos ministerios pechadas
  • Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura: "Fixemos unha carreira contrarreloxo para promocionar a candidatura"
  • Turrando polo Patrimonio inmaterial ás dúas beiras do "blogMiño"
  • O recoñecemento nos órganos internacionais: Da Sociedade das Nacións á "batalla" de Montevideo
  • Álvaro Campelo, director do Centro de Antropoloxía de Porto: "O noso patrimonio non permite saudosismos nin conservacionismos"

  • - 10:21 25/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)