Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DE FACERSE PÚBLICA A SÚA EXISTENCIA

EEUU pechou os cárceres secretos hai un mes

Cando menos unha ducia de presuntos dirixentes de al-Qaeda estaban presos nos cárceres secretos que a CIA tiña en Polonia e Romanía, e logo de trascender aos medios a súa existencia foron trasladados a outro centro de reclusión que a axencia de espionaxe estadounidense xestiona nalgún punto do norte de África. Así o vén de explicar a cadea ABC, que engade que hai un mes, e despois das denuncias de Human Rights Watch, que o goberno Bush decidiu pechar estas prisións. Na súa visita á Unión Europea, a secretaria de Estado USA, Condoleezza Rice, evitou referirse a esa situación e insistiu en que os EEUU traballa "para protexer os seus cidadáns nas novas guerras contra o terrorismo. A chanceleresa alemá, Angela Merkel, advertiulle que a loita "ás ameazas globais" debe "manter as regras democráticas".
Anteriores:

  • As explicacións da CIA: tortura non, "innovación"
  • O goberno español investigará se avións estadounidenses con supostos terroristas fixeron escala en Mallorca
  • Polonia e Romanía acollen os cárceres secretos da CIA en Europa

- 07:41 07/12/2005
Tags:


0/5 (0 votos)