Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DE COÑECER AS NOVAS NOVAS GRAVACIÓNS

O BNG reclama a reapertura da comisión do Prestige no parlamento

O deputado do BNG, Bieito Lobeira, reclamou hoxe a reapertura da Comisión de Investigación do 'Prestige' no Parlamento galego e pediulle ao goberno español que "depure responsabilidades penais" logo da aparición da gravación telefónica na que se demostra que o ex director da Mariña Mercante, José Luís López Sors, tomou a decisión de afastar o buque da costa o mesmo día no que se produciu o accidente. Nunha roda de prensa, Lobeira subliñou a importancia de "rescatar" os traballos "que quedaron pendentes" na comisión de investigación na Cámara galega.

- 13:22 14/12/2005
Tags:

Lobeira reclamou a depuración de responsabilidades penais tras coñecerse que foi López Sors quen deu a orde de afastar o buque. "Isto xa o denunciou reiteradamente o BNG desde fai tres anos", lembrou ao denunciar a "terríbel incompetencia e desprezo" do anterior Goberno do PP por Galiza.

Neste sentido, precisou que se incumpriron as normativas sobre o plan de continxencias vixente no momento da catástrofe e os convenios internacionais sobre contaminación mariña subscritos desde 1990. "Os que tiñan que dar exemplo foron os primeiros en vulneralos", apuntou.

Por iso, reclamoulle ao goberno español que "depure responsabilidades" e criticou que moitos dos técnicos que, no seu día, protexeron a decisión de López Sors, continúen ocupando postos de "responsabilidade política" no Executivo socialista. Así, sinalou ao director xeral de Coordinación de Salvamento Marítimo, Pedro Sánchez; o ex director de Sasemar e agora coordinador de seguridade marítima da fachada atlántica, Javier Gárate ou José Uribe, director de operacións de Sasemar.

Ademais, solicitou maiores medios de loita contra a contaminación mariña e destacou que o desastre do "Prestige" fai necesario que Galiza teña competencias en seguridade marítima "tal e como reclama" o BNG na súa proposta de Estatuto.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: