Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS GAITEIROS DE SOUTELO, GUADI GALEGO & GUILLERMO FERNÁNDEZ E O COLECTIVO FIADEIRO ESTREAN DISCO ESTA SEMANA

Tres novidades musicais máis para a bolsa deste Nadal

O panorama discográfico galego renóvase de cara ás festas con importantes estreas no ámbito da música de raíz ou tradicional. O martes a discográfica Ouvirmos presentou no Consello da Cultura Os gaiteiros de Soutelo un CD-Libro que compila as gravacións da formación do mítico Avelino Cachafeiro. Música tradicional é tamén a que recolle e interpreta o colectivo O Fiadeiro, que presenta o seu primeiro disco esta fin de semana con actuacións en Vigo e en Compostela. E o xoves preséntase Espido, o novo proxecto musical dos compoñentes de Berrogüetto Guadi Galego e Guillermo Fernández.

- 17:56 14/12/2005
Tags:

Guadi Galego e Guillermo Fernández
O xoves sae á venda Espido, o novo proxecto discográfico destes dous membros de Berrogüetto, do que xa probamos algo en directo no espectáculo Ao pé da letra. Espidoexplora novos camiños dentro da música que se está a facer en Galiza, a través da sinxeleza e da sinceridade que aportan a guitarra e a voz, únicos instrumentos que se utilizan neste proxecto autoeditado que corre parello ao da banda da que forman parte, que prepara novo disco para o seu décimo aniversario na primavera do 2006.

Ouvirmos
A primeira editora especializada en documentación musical galega, vén de tirar "Os gaiteiros de Soutelo", un CD-Libro patrocinado polo Consello da Cultura Galega que recolle as gravacións dos máis míticos gaiteiros galegos e que se suma a outros discos xa editados dentro da súa colección A Tiracolo, como a coral Aires da Terra ou a charanga Los Monfortinos, e que se poden mercar a través da web da discográfica.

O Fiadeiro
Esta asociación cultural viguesa presenta o seu primeiro disco no que recollen o traballo etnográfico que levan feito nos últimos anos, en forma de cantos de pandeiro e pandeireta ou melodías de gaita e charanga. O disco será presentado con dúas actuacións en directo do colectivo esta fin de semana, a primeira o venres no auditorio Caixanova de Vigo ás 22.30 e a segunda o sábado á mesma hora na sala Capitol de Santiago.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: