Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os galardóns entréganse este venres no Centro Social Caixanova de Vigo

Vieiros, premio especial EGANET por promover as tecnoloxías da información en Galiza

"Polo seu carácter pioneiro dentro do mundo dos xornais dixitais galegos, considerado como un punto de referencia informativa na internet galegas", a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET) decidiu otorgar a Vieiros o seu premio Especial dentro da III Edición dos Premios EGANET que se entregan este venres en Vigo. Toda a xente que facemos Vieiros recibimos con moita alegría e gratitude este premio e queremos compartilo con todas as lectoras e lectores que nos acompañades cada día.

- 10:08 15/12/2005
Tags:

O equipo de Vieiros recollerá este premio en Vigo no transcurso dun acto no que sairán premiadas once entidades máis que coas súas actividades contribúen á difusión e ao desenvolvemento da Sociedade da Información na nosa comunidade. As categorías que se distinguirán serán as de novos emprendedores, mellor produción multimedia, mellor negocio on line, web de medios de comunicación, presenza informativa, tecnoloxía accesíbel, mellor uso e tecnoloxía de código aberto, presenza institucional en internet, mellor aplicación de mobilidade e mellor solución on line.

Este é o terceiro ano que se entregan os premios EGANET, cos que se tenta "estimular o traballo de creación dos empresarios e profesionais que, sentíndose comprometidos coa expansión da Sociedad de la Información en Galicia, deseñan, programan e desenvolven productos e servizos que teñen en internet e as novas tecnoloxías da información a súa razón de ser", así como "promocionar e servir de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados íntegramente en Galicia por empresas galegas".

A entrega dos premios será este venres ás sete da tarde na Sala de conferencias do Centro Social Caixanova, na rúa Policarpo Sanz, 24 de Vigo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: