Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HOXE É O DÍA MÁIS CATIVO DO ANO

Empeza o inverno (aínda agora)

Malia levarmos un fato de días de sol brillante e invernía dura, até as 18:34:06 deste mércores non dá comezo oficialmente a estación máis fría do ano nestes lares. O solsticio marca o inicio non só do inverno senón tamén o comezo o do Nadal e a súa orixe pagá. As previsións de Meteogalicia para estes primeiros días das festas son de que o xélido anticiclón que acompaña esta entrada de estación se prolongue até o día de Nadal, que traerá un centro de baixas presións con aumento da nubosidade e tamén das temperaturas. Mais polo de pronto a noite máis longa traeranos temperaturas que poden baixar até os sete graos baixo cero no interior do país. Queda o consolo de que xa falta menos para a primavera e que a partir de hoxe os días medrarán.

- 12:14 21/12/2005
Tags:


0/5 (0 votos)