Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE VENRES EN COMPOSTELA

Ursula Heinze recibe o premio P.E.N. Clube 2005

A escritora Ursula Heinze recolle este venres en Santiago o 2º premio P.E.N. Clube, que outorga o clube internacional de escritores aos seus membros máis destacados. O xurado destacou nela "unha constante defensa da liberdade de expresión e de opinión e o seu traballo en diversos comités do PEN Internacional, especialmente no de tradución e dereitos lingüísticos, do que foi vicepresidenta, e no "comité da Paz". O premio será entregado nun acto ao que acudirá o Presidente da Xunta e no que o encargado de facer a laudatio da escritora galardoada será o académico Xosé Luis Méndez Ferrin.

- 19:27 22/12/2005
Tags:

Ursula Heinze naceu en 1941 en Colonia (Alemaña), é licenciada en Filoloxía xermánica pola Universidade de Colonia e catedrática de inglés e alemán no ensino medio. Desde 1968 vive en Galicia. O seu primeiro libro en galego foi O soño perdido de Elvira M (1982) e, a partir dese momento, cultivou a novela, o relato curto e a narrativa infantil e xuvenil a través de títulos como Remuíños en coiro (1984), Anaiansi (1989), Mulleres (1991) e Culpable de asasinato (1994). A partir de 1995 decantouse pola poesía e a tradución.

Foi unha dos fundadores do PEN Clube de Galicia (Maastricht, 1989), chegando a ser presidenta da sección galega do clube internacional de escritores de 1991 a 1996, tocándolle a organización, en 1993, do Congreso Internacional de Santiago de Compostela. É membro do P.E.N. alemán e ten recibido importantes premios como o "Merlín" de literatura infantil e xuvenil, o "Blanco-Amor" de novela longa e o "Ramón Cabanillas" de tradución.

Incorporación de novos membros
O PEN Clube de Galicia, fundado en 1989, conta con 67 escritores e escritoras representativos dos diversos xéneros. O próximo día 23 incorporaranse dez novos membros: Anxo Angueira, Xosé María Dobarro, Domingo Tabuyo, Luís García Mañá, María do Carme Kruckemberg, Manuel Forcadela, Anxo Tarrío, Luciano Rodríguez, Camilo Franco e Cesáreo Sánchez Iglesias.ibros


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: