Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RALI LISBOA-DAKAR

O deserto de Mauritania leva a vida do australiano Caldecott

O piloto australiano Andy Caldecott faleceu no transcurso da etapa de hoxe do rali Lisboa-Dakar. Caldecott sufriu un accidente e caeu da moto á altura do quilómetro 250 da novena tirada da proba, que vai da capital mauritana, Nuacchot, e a vila de Quifa. Caldecott, que morreu practicamente no acto, participaba no seu terceiro Dakar. Quedara de sexto en 2005 e nesta edición marchaba no posto 10º, logo de vencer na tirada entre Nador e Er-Rachidia, en Marrocos. Con el xa van 23 persoas mortas nestes últimos trinta anos. Os galegos Fran Gómez Pallas, e Xacob Agra chegaron con varias horas de retraso con respecto ao gañador, o francés Cyril Despres, na que foi a tirada máis longa deste 2006.

- 10:02 10/01/2006
Tags:

Rali Dakar. Xeral
1º Marc Coma (CAT)
2º Cyril Despres (FRA), 22'47"
3º Giovanni Sala (ITA), 53'04"
26º Xacob Agra (GZ), 9:33'08"
52º Fran Gómez Pallas, (GZ), 4:56:30

9ª tirada: Nuacchot - Quifa
1º Cyril Despres (FRA)
2º Marc Coma (CAT), 4'07"
3º Hélder Rodrigues (POR), 7'00"
36º Xacob Agra (GZ), 2:25'09"
65º Fran Gómez Pallas, (GZ), 19:36'32"


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: