Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PRIMEIRA VIAXE DO FORO SOCIAL MUNDIAL AO CONTINENTE

Unha cita coa vontade de estimular a mobilización social dos cidadáns africanos

Os organizadores turraron por achegar o Foro que nacera en Porto Alegre deica África para axudar a que os movementos sociais que abrollan no continente "poñan en común as súas loitas" coas que se producen noutros lugares do planeta. "Será a primeira oportunidade para moitas forzas progresistas africanas de coordinar os seus desafíos e alternativas nun contorno global a prol dun mundo mellor pleno de solidariedade e respecto á soberanía dos pobos".

- 10:24 19/01/2006
Tags:

Subliñan os promotores do foro que é necesario coordinar esforzos para "enfrontar inimigos comùns coma son o capitalismo salvaxe, as hexemonías e dominacións que dan na explotación da xente e dos recursos", situacións que tan a miúdo teñen sufrido os africanos. Agárdase que a presencia do Foro Social Mundial en África, e a inercia mobilizadora que arrastra canda el, "axude a vermos as crecentemente dinámicas, vitais e progresistas potencialidades das sociedades do continente".

Cuestións coma a SIDA, as eivas na transparencia dos gobernos, a débeda externa e os acordos de libre comercio, as posibilidades do mantemento da paz por civís e o papel da intervención non violenta de terceiras partes en situcións de conflito e guerra, o problema da criminalización das migracións nos países desenvolvidos... Son algúns dos temas que contarán con roldas de debate concretas no Foro de Bamako, desde este xoves 18 e até o próximo 23 de xaneiro. De xeito específico, vaise tratar tamén o conflito do Sáhara occidental, "coma último problema de descolonización en África".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: