Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COA PROTECCIÓN DA POLICÍA NACIONAL E DA GARDA CIVIL

Os papeis da Generalitat volven a Cataluña

Un total, ao final, de 499 caixas con documentos do Arquivo Xeral da Guerra Civil, no centro histórico de Salamanca, foron transportados hoxe en carretillas até os camións gobernamentais. Agora mesmo están na cámara acorazada do Ministerio de Cultura en Madrid, desde onde partirán cara Cataluña "canto antes mellor", según a ministra Carmen Calvo. A Generalitat pedíraos hai xa 25 anos. O alcalde 'popular' de Salamanca denegou todo o tempo o permiso de carga e descarga dos documentos.

- 15:46 19/01/2006
Tags:

Lanzarote -o alcalde popular de Salamanca- denegoulles desde un principio aos camións do Ministerio o permiso preceptivo para entraren no casco histórico. O PP salmantino levaba meses organizando concentracións populares -de escasa repercusión- para protestar pola devolución a Cataluña dun dos botíns 'nacionais' da Guerra Civil.

Cultura xa comunicara o mércores á Consellería de Cultura e Turismo de Castela e León que o xoves se executaría o traslado dos 507 caixas da polémica -ao final, 499, por considerar que as oito restantes non eran cousa da Generalitat-. Malia os atrancos, cúmprese así a previsión inicial do Goberno: as caixas saíron xa de Salamanca e farán pousada en Madrid antes do seu retorno a Cataluña.

Os rumores de que o PP salmantino tiña pensado obstaculizar o traslado víronse confirmados.

As edicións dixitais de El Periódico -actualizada- ou La Razón reflicten a polarización das opinións encol do Arquivo Xeral da Guerra Civil. En Cataluña e Salamanca.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: