Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NATACIÓN

Xavier Gómez Noia bate o récord dos 800 e dos 1.500m libres

O triatleta ferrolán Xavier Gómez Noia bateu o récord galego de 1.500m libres durante os campionatos galegos de natación que se desenvolveron esta fin de semana en Santiago. Gómez Noia, que foi apartado polo equipo médico da federación española de triatlón da práctica deportiva, segue colleitando éxitos.

- 22:26 23/01/2006
Tags:

Xavier Gómez Noia bateu dous récords galegos dunha mesma tacada: o do 1.500m libres e o do 800m libres, realizado ao facer o pase por esa distancia dentro da proba dos 1.500m. Iso valeulle ser agrazado co premio Paula Carballido, outorgado pola Federación de Natación ao mellor nadador dos campionatos. Gómez Noia rexistrou unha marca de 15'48"39, rebaixando en cinco segundos a mellor marca galega de todos os tempos na distancia, que el mesmo posuía (15'53"59).

Malia isto, Xavier Gómez Noia non pode competir normalmente nas especialidades para as que se prepara. O triatlón e o biatlón están vedados para el desde que a doutora da Federación Española ditaminase que a cardiopatía que padece pode provocarlle un grave accidente vascular. A causa, na que interviñeron cardiólogos de prestixio internacional en apoio de Gómez Noia, aínda está aberta. Gómez Noia milita no Natación de Ferrol e prepara a resistencia en piscina durante o inverno para acadar unha boa forma no verán.

Os galegos de inverno celebráronse ao longo de toda a fin de semana nas piscinas de Santa Isabel, en Santiago. O resultado total deparou unha sorpresa, pois por primeira vez en moitos anos o Pavillón Ourense superou o Galaico Sercoysa vilagarcián na clasificación xeral combinada de homes e mulleres. Rexistráronse ademais dos de Xavier Gómez Noia unha vintena de récords de idades, o que agoira unha boa base para o futuro, e outro récord galego, o fixado polo equipo do Pavillón no 4x50 estilos homes.

Resultados da terceira xornada

100m. libres homes.
1º Marcos Vázquez (CN Santiago). 51"11. Récord do campionato.
2º Daniel Toro (Pavillón Ourense). 52"03.
3º Asier Eneriz (Pavillón Ourense) e Vítor Mendoza (Fogar Carballo., 53"16

100m. libres mulleres.
1º Uxía Muñiz (CN Ribeira). 58"35.
2º Mariña Martínez (CN Xove). 58"60.
3º Carlota Pampín (CN A Coruña). 1'00"16

50m. braza homes.
1º Jordan Martínez (Pavillón Ourense). 30"83.
2º Gonzalo Pampín (CN Santiago). 30"95.
3º Iván Vázquez (CN Pontevedra). 31"27.

50m. braza mulleres.
1º Aurora Pérez e Fernández (CN A Coruña). 35"14.
2º Míriam Crespo (Galaico Sercoysa). 35"22.
3º Tatiana Domínguez (Galaico Sercoysa). 35"26.

200m. bolboreta homes.
1º Marcial Flores (Pavillón Ourense). 2'03"51
2º Hadrián Costa (CN A Coruña). 2'06"32
3º Xosé Manuel González (Pavillón Ourense). 2'11"01

200m. bolboreta mulleres.
1º Carlota Recio (Pavillón Ourense). 2'03"51
2º Mónica Trujillo (CN Lalín). 2'06"32
3º Miren Vicente (CN Pontevedra). 2'11"01

100m. costas homes.
1º Xavier Martínez (CN A Coruña). 2'03"51
2º Alberte Taboada (Pavillón Ourense). 2'06"32
3º Eduardo Dapena (Galaico Sercoysa). 2'11"01

100m. costas mulleres.
1º Nerea Rodiño (Galaico Sercoysa). 1'05"19. Récord do campionato
2º Sandra Presas (Pavillón Ourense). 1'08"98
3º Lara Carballo (CN A Coruña). 1'09"36

100m. estilos homes.
1º Gustavo Rama (Fogar Carballo). 1'00"41
2º Xavier López Artabe (CN A Coruña). 1'00"71
3º Marcos Vila (Pavillón Ourense). 1'00"73

100m. estilos mulleres.
1º Alba Rubial (CN Lalín). 1'09"09. Récord do campionato
2º Alba Franco (CN A Coruña). 1'11"02
3º Patricia Rodríguez (Galaico Sercoysa). 1'11"03

1500m. libres homes.
1º Xavier Gómez Noia (CN Ferrol). 15'48"39. Récord galego
2º Rufino Regueira (CN Ribeira). 15'59"24. Récord de 16 anos.
3º Iván Brión (CN Ribeira). 16'15"77. Récord de 17 anos.

800m. libres mulleres.
1º Ana Carballido (Pavillón Ourense). 8'49"53. Récord do campionato
2º Susana Lorenzo (CN Ribeira). 9'19"77. Récord de 15 anos.
3º Alba Toja (Galaico Sercoysa). 9'26"98.

4x100m. estilos homes.
1º Pavillón Ourense. 3'52"04
2º CN A Coruña. 3'57"65
3º CN Galaico Sercoysa. 4'01"22

4x100m. estilos mulleres.
1º Pavillón Ourense. 4'29"59
2º CN Ribeira. 4'32"74
3º CN Galaico Sercoysa. 4'33"15

Resultados da primeira xornada e segunda xornada.

Clasificación por clubes

Categoría feminina:
1º Galaico Sercoysa
2º Natación A Coruña
3º Natación Ribeira

Categoría masculina:
1º Pavillón Ourense
2º Natación Ferrol
3º Natación A Coruña

Conxunta:
1º Pavillón Ourense
2º Galaico Sercoysa
3º Natación A Coruña
4º Natación Ribeira
5º Natación Ferrol


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: