Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CORUÑA HOMENAXEARÁ O 5 DE FEBREIRO O GRAN CROONER GALEGO

20 anos sen Pucho Boedo

Xa van aló dúas décadas dende que a voz de Pucho Boedo se apagara para sempre, un 26 de xaneiro de 1986. Días antes cantaba O vello e o sapo por derradeira vez nunha gala de ano vello da TVG presentada por Blanco Campaña, na que xa estaba moi doente dos seus problemas co ril. Atrás quedaban 68 de vida trepidante, xiras internacionais, éxitos musicais e algunhas das cancións máis importantes da nosa historia recente. Xunto con Los Tamara, Pucho Boedo luciu na súa gorxa poemas de Curros, Rosalía ou Celso Emilio Ferreiro, musicados polo seu compañeiro noiés Prudencio Romo. Algúns puchólogos entusiastas como Xurxo Souto ou Nonito Pereira sosteñen que boa parte da grandeza da súa voz se debía á profunda dor que gardaba en silencio, pola morte de seu pai e seu irmán maior, sindicalistas da CNT fusilados no 36 na Coruña. Poden coñecer algo máis da súa historia nesta páxina que lle dedican os seus veciños do Ventorrillo e que extrae o capítulo que lle dedica Souto en Contos da Coruña, ou no documental dirixido polo mesmo autor. A cidade herculina rendiralle homenaxe o vindeiro 5 de febreiro cunha gala no Pazo da Ópera que será emitida pola TVG.

- 13:43 26/01/2006
Tags:


5/5 (2 votos)