Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PIDE REDUCIR O NÚMERO DE ESCANOS DO SENADO

O Consello de Estado propón poñerlle límite ao traspaso de competencias

Establecer unha lista de competencias estatais "inherentes á soberanía e indelegábeis" é unha das propostas do informe realizado polo Consello de Estado a petición do goberno español e ao fío das reformas constitucionais cara ás que propón avanzar o actual executivo. O diario El Mundo adiantou este xoves detalles dese documento, que ao respecto da reforma do Senado, o estudo propón reducir nun mínimo de 25 asentos a Cámara Alta e opina que a elección dos senadores debería coincidir coas eleccións autonómicas e non coa dos deputados do Congreso.

- 07:59 27/01/2006
Tags:

O Consello de Estado recomenda que a maioría necesaria para a aprobación du Estatuto de Autonomía sexa ampliada para aqueles casos de conflito entre o Congreso e o Senado. Ao tempo, pide a aplicación do recurso previo de inconstitucionalidade, que poñería en suspenso a aprobación dunha reforma estatutaria até que o Tribunal Constitucional se pronuncie ao respecto. O Consello refírese especificamente ao límite para as arelas competenciais dos gobernos autonómicos, recomendando fixar competencias indelegábeis e subliñando que a descentralización do Estado español acadou cotas por riba de modelos federais.

Ao respecto da reforma do Senado, o Consello do Estado apunta varias posibilidades, que van desde fixar un número fixo para a representación de cada unha das autonomías ata a proporcionalidade coa poboación, incluíndo a posíbel concesión de senadores adicionais para garantir o equilibrio. Os tres supostos apuntados son: 5 senadores fixos e un máis por cada millón de habitantes, máis dous por provincia; 7 fixos, 1 por millón e 2 por cada comunidade pluriprovincial; e unha terceira opción: 6 fixos, 1 por provincia e 1 por cada millón de habitantes. Sería, segundo cada un dos casos, unha Cámara con 223, 243 ou 234 escanos, atendendo á poboación actual.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: