Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TOKELAU DECIDE A SÚA AUTODETERMINACIÓN

As illas do dominio .tk buscan a independencia

O pequeno arquipélago de Toquelau está a celebrar un referendo para decidir se se independiza de Nova Celandia. Estes 12 km2 de illas do Pacífico, coñecidos mundialmente polo seu dominio de internet .tk, están compostos por tres atolóns de coral: Atafu, Nukunonu e Fakaofo. No mundo hai uns 1.500 toquelaunos, moitos dos cales viven na veciña Samoa. As grandes distancias entre as illas e a gran porcentaxe de poboación emigrante obrigan a que os 600 votantes emitan a súa opinión ao longo de tres días. Toquelau, colonizada polos británicos en 1889, goza dunha xa ampla marxe de autonomía mais existe un gobernador novacelandés que se encarga dalgunhas cuestións ás que as reducidas capacidades dos toquelaunos non poden facer fronte. Os toquelaunos falan o toquelauno, unha lingua polinésica próxima do samoano e do tuvaluano.

- 23:48 12/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)