Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TEATRO

As montaxes 'Tío Vania', 'O heroe' e 'Historia natural', as mellores de 2005

Os Premios María Casares, que recompensan os mellores traballos do teatro galego, xa fixeron a súa avaliación xeral. As candidaturas ás distintas categorías destacan tres espectáculos por riba dos demais. 'Historia Natural', de Matarile Teatro, 'Tio Vania', de Factoría Teatro, e 'O heroe', de Sarabela Teatro acaparan a maioría das nominacións. En marzo saberemos cal das tres leva a auga ao muíño.

- 16:24 13/02/2006
Tags:

O 28 de marzo celebrarase a X Edición dos ]Premios de Teatro María Casares, que un ano máis terá lugar no Rosalía de Castro da Coruña e que, tamén un ano máis, será retransmitida pola TVG. A gala, que terá un carácter especial por ser a do décimo aniversario, dirixiraa Lino Braxe e centrarase na vida da actriz galega María Casares, exiliada en Francia e triunfadora na escena gala.

Son xa dez anos de premios con determinadas constantes que se manterán tamén nesta edición, como as candidaturas de Carlos Alonso ao mellor vestiario ou de Baltasar Patiño á mellor iluminación. Tres so as grandes favoritas: 'O heroe' de Sarabela Teatro, e 'Tío Vania' (na imaxe), de Factoría Teatro, apreixan dez nominacións cada unha. Ségueas dende lonxe 'Historia Natural', de Matarile Teatro, con cinco, entre elas a de mellor dirección e mellor espectáculo. Curiosamente, 'O heroe', que opta a dez dos doce mariacasares posíbeis, non figura na terna optante ao premio ao mellor espectáculo. A presenza das obras do Centro Dramático Galego é testemuñal.

Os premios convócaos a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galiza. Ademais das trece categorías oficiais haberá un galardón de honra que recoñece o traballo a prol do teatro. Os premiados serán escolleitos polos membros da Asociación (240), polos premiados de anos anteriores, e mais tamén por un senado de programadores e críticos teatrais.

NOMINACIÓNS

Maquillaxe .
Dolores Centeno, 'Seis personaxes á procura de autor' (CDG)
Paloma Ucieda, 'García' (Teatro do Adro)
Quique Martínez, 'O heroe' (Sarabela Teatro)

Vestiario.
Carlos Alonso, 'Tartufo' (Teatro de Ningures)
Carlos Alonso, 'Tío Vania' (Factoría Teatro)
Ruth Díaz, 'O heroe', (Sarabela Teatro)

Iluminación.
Baltasar Patiño, 'Historia Natural' (Matarile Teatro)
Paco D´Pink, 'Tio Vania' (Factoría Teatro)
Suso Díaz, 'O heroe', (Sarabela Teatro)

Musica orixinal.
Ugia Pedreira, 'Tio Vania' (Factoría Teatro)
Renata Codda Fons, 'O heroe', (Sarabela Teatro)
Antón Pulido, 'Vento Mareiro', (Avelino González e Cuarteto Caramuxo)

Adaptación ou tradución.
Alexandra Koss, 'Tío Vania' (Factoría Teatro)
Avelino González, 'Vento Mareiro', (Avelino González e Cuarteto Caramuxo)
Xosé Manuel Pazos, 'Tartufo' (Teatro de Ningures)

Texto orixinal.
Ana Vallés, 'Historia Natural' (Matarile Teatro)
Cándido Pazó, 'García' (Teatro do Adro)
Manuel Rivas, 'O heroe' (Sarabela Teatro)

Escenografía.
Baltasar Patiño, 'Historia Natural' (Matarile Teatro)
La faust und volk, 'O heroe' (Sarabela Teatro)
Marta Pazos, 'So. Sobre' (Sapristi)

Actor protagonista.
Fernando Dacosta, 'O heroe' (Sarabela Teatro)
Xosé Olveira "Pico", 'Ricardo III' (Centro Dramático Galego)
Xan Cejudo, 'Tio Vania' (Factoría Teatro)

Actor secundario.
José A. Porto "Josito", 'O heroe' (Sarabela Teatro)
Juse García, 'Seis personaxes á procura de autor' (CDG)
Roberto Leal, 'Tío Vania' (Factoría Teatro)

Actriz protagonista.
Anabel Gago, 'Tío Vania' (Factoría Teatro)
Rocío G. Lorenzo, 'Tío Vania' (Factoría Teatro)
Sonia Rúa, 'Tartufo' (Teatro de Ningures)

Actriz secundaria.
Marián Bañobre, 'Tartufo' (Teatro de Ningures)
Rebeca Montero, 'Seis personaxes á procura de autor' (CDG)
Elena Seijo, 'O heroe' (Sarabela Teatro)

Dirección.
Ana Vallés, 'Historia Natural' (Matarile Teatro)
Ánxeles Cuña, 'O heroe' (Sarabela Teatro)
Cristina Domínguez, 'Tío Vania' (Factoría Teatro)
Dapena

Espectáculo.
'García', de Teatro do Adro
'Historia Natural', de Matarile Teatro
'Tio Vania', de Factoría Teatro


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: