Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR RACHAREN TRES VIDREIRAS NO CONCELLO DE TUI, SEGUNDO A GARDA CIVIL

Detidos tres membros de Nós-Up en Vigo e Ponteareas

A Garda Civil detivo este mércores en Ponteareas a Íria Medranho Gonçalves e Abráam Alonso Pinheiro, da Dirección Nacional de Nós-UP, e a Alberte Moço Quintela, en Vigo. Fontes da comandancia da Garda Civil en Pontevedra aseguran que os tres detidos son "presuntos culpabeis de danos materiais no concello de Tui, en concreto tres vidreiras". Nós-UP sinala nun comunicado que as detencións "responden a unha evidente intencionalidade política de criminalizar á esquerda independentista galega".

- 13:07 15/02/2006
Tags:

"Non hai información da detención, só sabemos que hai tres persoas detidas por danos materiais no concello de Tui", puntualizan desde o instituto armado.

Os feitos que a Garda Civil lle apón aos membros de Nós-Up tiveron lugar o 3 de febreiro, segundo eles mesmos describen na súa web, e inscríbense na súa campaña de supresión da simboloxía franquista de Galiza.

Nós-Up solicita a "inmediata liberación dos tres compañeiros detidos polas forzas de ocupación españolas", e fai un chamamento a participar nos "actos de solidariedade" que se vaian convocando ao longo do día. O primeiro, este mércores ás 21 horas, diante do concello de Ponteareas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: