Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"AGORA VAI SER QUE ZAPLANA É COMO MAFOMEDE", DI O AUTOR

Censuran un cartel teatral por caricaturizar "o malo" Zaplana

Teatres da Generalitat Valenciana (TGV) censurou o cartel promocional de L´extrany viatge, que a compañía valenciana Pot de Plom representa desde este venres até o domingo no Teatro Arniches de Alicante. O anuncio orixinal da montaxe, deseñado polo director, Xavi Castillo, incluía caricaturas do ex presidente da Generalitat, Eduardo Zaplana, que aparece retratado -sen nome- coma "O Malo". O cartel que aparece agora no Teatro Arniches, sen o permiso da compañía, xa foi deturpado pola tesoira. Respectaron o texto e borraron os debuxos.

- 20:03 17/02/2006
Tags:

No cartel orixinal tamén aparecían, na estética da banda deseñada, debuxos paródicos da presentadora María Abradelo, como "a falleira maior", Felipe V, a Dama de Elxe, o Guerreiro de Moixent e o emblema da Generalitat valenciana.

O autor e director da montaxe, Xavi Castillo, sinalou nunha entrevista publicada o xoves no diario Información que a directora de Teatros, Inmaculada Gil Lázaro, "non lle fai nin puto caso" ao teatro valenciano. "O cartel é como a banda deseñada, e reflicte perfectamente a historia da obra. Agora vai ser que Zaplana é coma Mafomede, que tampouco se lle poden facer caricaturas".

Non é esta a primeira censura de Castillo. Na Feira de Agosto de 2004, en Xàtiva, onde parodiaba ao Papa, a Copa de América de fútbol e a José María Aznar, comezaron os seus problemas cos alcaldes do PP. O de Xàtiva, Alfonso Rus, vetara entón a montaxe El Chou. Castillo decidiu entón incluír a Rus nos seus gags.


0/5 (0 votos)