Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SUNÍS E XIÍS RACHAN AS CONVERSAS PARA FORMAR O NOVO GOBERNO

Iraq: 130 mortos en 24 horas

Preto de 130 persoas, a maioría sunís, morreron nas últimas vintecatro horas en Iraq nos enfrontamentos entre sunís e xiís, logo da destrución o mércores do santuario xií de Samarra, segundo informa Al Iasira. O Executivo apela á "unidade nacional" para tornar a guerra civil, pero os sunís suspenderon as conversacións con xiís e curdos para formar o novo Goberno até que o Executivo "pida desculpas" polos ataques contra as súas mezquitas. Tres xornalistas de Al-Arabía foron atopados mortos (van xa sesenta desque comezou a guerra), e catro soldados norteamericanos faleceron tamén ao noroeste de Bagdad.

- 22:00 23/02/2006
Tags:

A paz contra o invasor, como definiran os líderes relixiosos o armisticio entre sunís e xiís tras catorce séculos de enfrontamentos, rematou coa vitoria xií nas eleccións, e a escalada da violencia en Iraq semella non ter paradura. O presidente iraquí, o curdo Ialal Talabani, pretende sentar a ulemas de todas as confesións para participar nunha conferencia que reforce o diálogo intercomunitario.

Talabani cualificou o atentado de onte na mezquita xií de Samarra de "crime para provocar o odio sectario". A carón de Iraq, o presidente iraní, Mahmud Ahmadineiad, dixo que o de Samarra é obra "de sionistas e ocupantes derrotados". E Blair apunta a Al Qaeda.

Mentres, os sunís racharon as conversas para formar goberno até que o actual Executivo, de maioría xií, pida desculpas polos últimos atentados contra os seus templos. Máis información na BBC.


Ligazóns

0/5 (0 votos)