Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVOCADA A XVI EDICIÓN DO CERTAME, CUNHA BOLSA DE 12.000 EUROS

O Premio de Poesía Espiral Maior ábrese a Portugal

Convertido nun dos mellores dotados do Estado español, cunha bolsa de 12.000 euros para o gañador, grazas ao patrocinio de El Corte Inglés, e aberto por primeira vez á participación de poetas portugueses, vén de convocarse o XIV Premio de Poesía Espiral Maior. O xornalista lugués Manuel Darriba foi o último gañador dun certame que xa agasallou a Emma Couceiro, Manuel Forcadela, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa ou Luísa Villalta (a título póstumo).

- 14:04 01/03/2006
Tags:

O director da editorial, Miguel Anxo Fernán-Vello, explicou que a súpeta gran dotación do premio Espiral Maior, e a súa apertura á poesía portuguesa, en recoñecemento da nosa tradición lírica común, non aparella esquecemento. O prazo de admisión das obras rematará o 15 de xuño de 2006 e o fallo do xurado farase público o 24 de xullo, unha xornada antes "da data simbólica" do Día da Patria.

As obras presentadas a concurso terán un mínimo de 500 versos. O libro premiado, cunha tiraxe de 2.000 exemplares, será publicado na Colección Poesía de Edicións Espiral Maior. Os traballos deberán ser enviados por correo certificado a Edicións Espiral Maior, rúa Xoán Carlos I, 22, 1º B, 15760 Culleredo (A Coruña). Non vos esquezades de escribir no sobre Para o XIV Premio de Poesía Espiral Maior.


0/5 (0 votos)