Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROPOSTA DE REFORMA DO CÓDIGO CIVIL

O Bloque pide recoñecerlles a "cidadanía plena" a fillos e netos de emigrantes

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentará un conxunto de emendas ao Estatuto dos cidadáns españois no exterior, que inclúen a petición do dereito á asistencia sanitaria e a recibiren pensións. De paso, e en rolda de prensa xunto coa responsábel de emigración do consello nacional do BNG, lembroulle ao goberno español que "non está facendo nada para garantir a limpeza do voto dos cidadáns residentes no exterior".

- 09:00 08/03/2006
Tags:

A proposta do BNG inclúe a reforma do artigo 20 do actual Código Civil, de xeito que se permita que os fillos e os netos dos emigrantes poidan acceder á cidadanía plena. Lembrámoslles que na forma actual, arranxada pola maioría absoluta do último goberno Aznar, non e posíbel o acceso directo á cidadanía para estas persoas, que deben residir cando menos un ano no Estado para poderen presentar solicitude neste sentido.

Con lembranza das recentes denuncias de irregularidades na última cita electoral de Galiza coas urnas, a deputada nacionalista destacou tamén a necesidade de impulsar novos mecanismos que garantan a transparencia no voto dos emigrantes. Na mesma liña, a voceiro de emigración do BNG, Ana Miranda, destacou tamén a necesidade de depurar ese censo. Ao tempo, as dúas representantes do Bloque coincidiron en criticar as declaracións do conselleiro de Presidencia, o socialista Xosé Luís Méndez Romeu, sobre a representación directa para a emigración galega no parlamento autonómico, posibilidade que segundo Romeu "non ten sentido". Olaia Fernández Davila dixo estar segura de que esas declaracións "non se corresponden coas intencións do goberno galego".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: