Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
EN CINCUENTA DELES A FIGURA FEMININA SUBSTITUÍU POR UN DÍA O ICONO MASCULINO

Orozco ponlles saia aos semáforos de Lugo

No Día Internacional da Muller, en Lugo, cambiaron os abrigos polas saias. Cincuenta semáforos da cidade reproducen hoxe a figura dunha muller en troques do habitual boneco escintilante, con abrigo de tres cuartos, que supostamente simboliza ao varón. A idea é advertir sobre a ausencia de representacións femininas na iconografía urbana.

- 18:35 08/03/2006
Tags:

O proxecto Sinais, en colaboración co concello lugués, é obra de Luz Darriba, que xa botou a andar numerosos proxectos na cidade, coma rodear a muralla de libros, mudar o nome de 56 rúas por outros tantos de iconas femininas ou a alfombra xigante contra a violencia de xénero.


5/5 (6 votos)