Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO CÁRCERE DO TRIBUNAL INTERNACIONAL DA HAIA

Falece o ex presidente iugoslavo Slóbodan Milóxevich

Slóbodan Milóxevich apareceu morto o sábado pola mañá na súa cela da prisión do Tribunal Internaciona da Haia, onde estaba a ser xulgado por xenocidio, crimes de guerra e múltiples violacións dos dereitos humanos durante a guerra dos Balcáns. Aínda non se coñecen as causas da súa morte, aparentemente naturais mentres non se lle practique a autopsia. O ex presidente iugoslavo tiña 64 anos e levaba dende o 2001 detido na Haia, pendente dun xuízo que aínda non rematou e que foi moitas veces adiado por problemas de saúde de Milóxevich. A súa morte prodúcese 5 días despois do suicidio, no mesmo cárcere, de Milan Bábich, o que fora líder dos serbios de Croacia. Recomendámoslles seguir a noticia neste completo especial informativo da BBC.

- 20:09 12/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)