Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUN MOMENTO DE ELEVADA TENSIÓN POLO PROXECTO DA EMPRESA EN URUGUAI

Touriño minimiza os efectos contaminantes de ENCE en Pontevedra

"Hoxe o problema fundamental xa non é a contaminación. O que pasa é que a industria limita a expansión da cidade cara ao mar". Así o aseguraba o presidente da Xunta en entrevista para o diario arxentino Clarín. Mentres, a decisión dos ambientalistas arxentinos de manter os cortes de rota que fan desde hai máis dun mes en protesta pola construción das papeleiras na marxe uruguaia do río fronteirizo, impediu que fose adiante o acordo ao que chegaron os presidentes dos dous países o último sábado, que incluía o freo aos bloqueos e a suspensión das obras das celulosas durante un mínimo de tres meses.

- 08:01 14/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)