Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEÓN E OLVIDO, MELLOR LONGAMETRAXE E MELLOR ACTRIZ

As leis de Celavella volven acaparar os premios Mestre Mateo

Volveu arrasar. Xa nos premios do 2003 As leis de Celavella se fixera con 9 premios da Academia Galega do Audiovisual, pero dous anos despois aínda se supera, e na noite do audiovisual galego a serie producida por Voz Audiovisual acadou dez dos once premios que podía levar. Só quedou fóra do pleno o músico Nani García, que perdía o seu premio en favor de Arturo Kress por O soño dunha noite de San Xoán. E así a película de animación de Dygra foi menos perdedora aínda que León e Olvido, de Xavier Bermúdez, levase os premios á mellor longametraxe e á mellor actriz.

- 12:54 20/03/2006
Tags:

Nunha gala dedicada "á historia da comunicación audiovisual", conducida por Luís Piedrahita e Yolanda Muíños, o guión e a dirección de Ángel de la Cruz deron como resultado o de sempre: un espectáculo máis perto de Hollywood que de San Marcos, con chiscadelas ao musical e ao cine clásico (dalá) e cun guión para presentadores e entregadores de premios inzado de lugares comúns que fan pensar que a chispa, a retranca e a mordacidade coa que por aí adiante abordan este tipo de galas teñen pouco sitio entre os algodóns do politicamente correcto. Dado que falamos duns premios nos que os candidatos a "Mellor programa de TV" son un divulgativo titulado Consumidores e unha retransmisión dunha gala solidaria, se cadra era ben mirar algo menos a Cannes e un pouco máis a Cans. Se somos humildes, somos humildes.

O arrase de Celavella desluciu un pouco a presenza do cine e das propostas máis ambiciosas da produción nacional, como O soño dunha noite de San Xoán, Heroína, Para que non me esquezas ou León e Olvido, películas todas elas de aceptábel carreira comercial, festivaleira e de premios. E que, cousas da votación académica, non brillaron como deberan en beneficio dunha produción de indiscutíbel calidade xeral. Pero acaparar os premios dos directores/realizadores nas dúas categorías de dirección/realización é un tanto esaxerado e non beneficia moito o resto da produción, igualmente digna pero a efectos de palmarés practicamente inexistente.

Eran os primeiros Mestre Mateo do cambio e iso notouse no palco de autoridades, pois era a primeira vez que un presidente da Xunta acudía. Non foi suficiente para cubrir as calvas do patio de butacas, crecentes a medida que avanzaba a noite, e que daban certa sensación de desmotivación a pesar dos esforzos e da pólvora queimada abaixo. Facela un domingo non axuda a concorrencia física pero si á catódica, e posibilitou que se puidese emitir en directo xusto despois dunha das series de máis éxito do último ano e inxustamente esquecida nos premios finais: Libro de familia. O resultado non é moi alentador: a importantísima audiencia desta serie (onte un 33%) fuxiu cara a outras cadeas e deixou a festa do audiovisual nun pobre 6,5 por cento. Que, segundo se mire, mal de todo tampouco está.

Velaquí a listaxe de nominados e premiados.

MELLOR LONGAMETRAXE:

* El sueño de una noche de San Juan, de Dygra Films S.L.
* Heroína, de Continental Producciones, Tornasol, Milú Films e TVG
* León y Olvido, de Xamalú Films
* Para que non me esquezas, de Continental Producciones e TVG

MELLOR LONGAMETRAXE DOCUMENTAL

* El País de Nomeacuerdo, de Anxo Fernández Producciones SL.
* Exilios, Lorenzo Varela, de Acuarela Comunicación S.L.
* Viceversa, non me chames estranxeiro, de Acuarela Comunicación S.L.

MELLOR PELÍCULA DE TV

* Máis ca irmáns, de Continental Producciones, Diagonal TV, Toma 27, TVG, TV de Catalunya e Canal Sur Televisión
* Mentíndolle á vida, de Adivina Producciones, Just Films e General Vídeo Productions
MELLOR PROGRAMA DE TV:

* Consumidores, de TVE Centro Territorial de Galicia
* Implícate Gala 2005, de 4 Free minds

MELLOR SERIE DE TV:

* 4º sen ascensor, de Filmanova SL e La Región
* As Leis de Celavella, de Voz Audiovisual S.A.
* Libro de Familia, de Editorial Compostela S.A.
* Terra de Miranda, de Voz Audiovisual S.A.

MELLOR DOCUMENTAL:

* As Voces do Prestige, de Directo de Información e Divulgación S.L.
* En Son de Paz, de Saga TV
* Hanan. De Marrocos a Galicia. O que nos une. De Ibisa TV S.L.
* Sempre Xonxa en Petín, de Vía Láctea Filmes, Visafilmes, Zozo Films e Domingo Díaz PC

MELLOR PRODUCIÓN INTERACTIVA:

* O Mando Manda, de Interaccion CIM S.L.
* Percebe, de Saga TV
* Web Avelino González, de Desoños S.L.
* Web Dygra Films, de Dygra Films

MELLOR PRODUCIÓN DE PUBLICIDADE:

* Caixanova, onde nacen as ideas, de I.A.C.E. S.L. e Lúa Films
* Compostela, Capital de compras, de Saga TV
* Making Off de Pataghorobí, de Escola de Imaxe e Son de Vigo
* Making Off da Gala Premios MM 04, da Escola de Imaxe e Son de Vigo

MELLOR CURTAMETRAXE DE FICCIÓN

* Mártires, de Ignacio Benedeti Cinema S.L.
* Redondeo, de Ciudadano Frame S.L.
* Rosas, de Mr Misto Films S.L.
* Te quiero mal. Ciega por primera vez, de Ficción Producciones S.L.
MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN:

* Boiro, de Matriuska Producciones S.L.
* Canon, do Máster en Creación y Comunicación Digital
* Dioses del Nilo, de Máster en Creación y Comunicación Digital
* El Retorno de la Ley, de Dygra Films S.L.
* KM 53, de Producciones Vigo, Escola de Imaxe e Son de Vigo e Escola Galega de Artes Cinematográficas (Egaci)

MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN:

* Alfonso Blanco e Paula Fernández, por As Leis de Celavella
* Josean Gómez, por Heroína
* Juan Nouche e D. José Francisco Barba Escribá, por El Sueño de una noche de San Juan
* María Liaño, por 4º sen ascensor

MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA:

* Alejandro Bálsamo, por El Sueño de una noche de San Juan
* Alfredo Mayo, por Heroína
* Suso Bello, por Mentíndolle á vida
* Xosé Manuel Neira por As Leis de Celavella

MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA:

* Ana Muíño e Noelia Arcay por As Leis de Celavella
* Fanny Bell, Carolina Varela e Óscar Aramburu, por 4º sen ascensor
* Raquel Fidalgo e María Barreiro, por Libro de Familia
* Trini F. Silva, por León y Olvido

MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO:

* Estíbaliz Markiegi e Marta Anta, por Heroína
* Mari Seoane e Julia Rodríguez, por Terra de Miranda
* Marta Anta e María Fandiño por Libro de Familia
* Rodrigo Roel, por León y Olvido
* Ruth Díaz, por As Leis de Celavella
MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA:

* Alberto Taracido por El Sueño de una noche de San Juan
* Antonio Pereira por As Leis de Celavella
* Marta Villar por Heroína
* Rodrigo Roel por León y Olvido

MELLOR MONTAXE:

* Javier Alberto Correa Hartley por León y Olvido
* Manu Mayo por As Leis de Celavella
* Martín Fiallega, por Libro de Familia
* Mercedes Arcones, Juan Galiñanes y Ángel de la Cruz, por El Sueño de una noche de San Juan
MELLOR SON:

* Carlos Faruolo e Jaime Fernández, por El Sueño de una noche de San Juan
* Ibiricu, por León y Olvido
* Rubén Bermúdez e Víctor Seixo, por As Leis de Celavella
* Son do Tagalem, por Libro de Familia

MELLOR GUIÓN:

* Ángel de la Cruz e Beatriz Iso Soto, por Sueño de una noche de San Juan
* Xabier Bermúdez por León y Olvido
* Xosé Castro, Andrés Mahía, Carlos Ares, Ramón Campos, Iván L. Gimeno, Daniel D. García, Jacobo Paz, Xosé AntónMoure, Paco Abelleira, Raúl Dans, Daniel Domínguez, Pedro Ramos, Eva Vázquez, Eligio R. Montero, Miguel Anxo Murado, Mario Neves, Chema Gagino e Marcos Nine, por As Leis de Celavella
* Xosé Morais, David Ríos, Xosé Antón Moure, Fran Velo, Mirian Fernández, Araceli Gonda, Fernando Rodríguez, Michael Cassidy, Ramón Campos e Carlos Portela, por 4º sen ascensor

MELLOR BANDA SONORA:

* Arturo Krees e Artur Guimaraes por El Sueño de una noche de San Juan
* Lucio Godoy por Heroína
* Nani García por As Leis de Celavella
* Piti Sanz por Terras de Miranda

MELLOR DIRECCIÓN:

* Jorge Coira e Carlos Sedes, por As leis de Celavella
* Manolo Gómez e Ángel de la Cruz, por El Sueño de una noche de San Juan
* Patricia Ferreira por Para que non me esquezas
* Xabier Bermúdez por León y Olvido

MELLOR REALIZACIÓN:

* Giselle Llanio Rosabai por Libro de Familia
* Jorge Coira e Carlos Sedes, por As leis de Celavella
* Rubén García Loureda-Díaz por Con C de Cultura de TVG
* Toño López Ríos por 4º sen ascensor

MELLOR COMUNICADOR/A:

* Begoña Fontenla por Telexornal Mediodía
* Manuel Pampín, por Telexonal Fin de Semana
* Mayte Cabezas, por A revista de Fin de Semana da TVG
* Yolanda Castaño por Mercuria
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA:

* Ernesto Chao, por Pratos Combinados, capítulo Asasinato na aldea
* Fernando Fernán Gómez por Para que non me esquezas
* Morris (Antonio Durán), por Pratos Combinados, capítulo Asasinato na aldea
* Xosé Barato por 4º sen ascensor
* Xosé Luís Bernal /Farruco/ por Terra de Miranda

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA:

* Adriana Ozores por Heroína
* Cristina Castaño por 4º sen ascensor
* Iolanda Muíños por Libro de Familia
* Marta Larralde por León y Olvido
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA SECUNDARIA:

* Avelino González por As Leis de Celavella
* Carlos Blanco por Heroína
* Gonzalo Uriarte por Libro de Familia
* Manuel Millán por Pratos Combinados, capítulo Asasinato na aldea
* Monti Castiñeiras por Libro de Familia
* Víctor Mosqueira por Para que non me esquezas

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA SECUNDARIA:

* Camila Bossa por As Leis de Celavella
* Mabel Rivera por Máis ca irmáns
* María Bouzas por Heroína
* Marta Etura por Para que non me esquezas
* Rosa Álvarez por Libro de Familia

PREMIO ESPECIAL JOSÉ SELLER: Grupo imaxe. Recolleron Carlos L. Piñeiro, Carlos Amil e Manuel Abad

PREMIO FERNANDO REY: Marcial Lens


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: