Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XUNTA INVESTIGA

Que pensan de Galiza os nosos emigrantes?

"En 25 anos nunca se nos ocurriu facer unha sondaxe sobre a emigración", laiouse o secretario xeral de Análise e Proxección da Xunta. Xosé Manuel Rivera Otero anunciou no Parlamento que ese défice vaise amañar en breve cunha enquisa de opinión que se realizará nos 11 países que concentran o 95% do total de emigrantes galegos para coñecer a "valoración" que na distancia fan de Galiza. Desde o PPdeG aproveitaron para reiterarlle a socialistas e nacionalistas a petición de que se constitúa unha comisión de emigración na Cámara galega e criticaron que haxa "dous cociñeiros" de sondaxes no executivo.

- 13:15 31/03/2006
Tags:

Deica o verán non se coñecerán aínda os primeiros informes realizados pola secretaría xeral de Análise e Proxección, directamente vencellada á Presidencia da Xunta, e con Xosé Manuel Rivera Otero á fronte, quen fora un dos responsábeis do barómetro político da USC. O departamento estruturou as súas próximas prioridades de traballo arredor de seis áreas, desde o ensino até a sanidade, que serán obxeto de informe estatístico en diversos estudos de opinión. A actividade quedará integrada nunha base de datos de acceso público que poderá ser consultada a través de internet.

Desde o PPdeG gabaron positivamente o anuncio da análise da opinión dos emigrantes, e insistiron en que PSdeG e BNG accedan a crear unha comisión específica sobre emigración no Parlamento. O deputado popular Manuel Ruíz Rivas aproveitou tamén para ironizar sobre a existencia de dous departamentos na Xunta con labor de realización de enquisas, e dependentes de cadanseu pé do bipartito, en referencia ás sondaxes que vén publicando a secretaría xeral de Relacións Institucionais, vencellada á Vicepresidencia. "Temos enquisas e contraenquisas", comentou Ruiz Rivas, "igual que vemos comparecencias e contracomparecencias". "Hai dous cociñeiros enfrontandos", afirmou Rivas referíndose aos departamentos liderados por Xosé Manuel Rivera Otero na parte socialista e Antón Losada polo lado nacionalista.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: