Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALERÍA FOTOGRÁFICA

Xa hai memoria en San Simón

Galiza inaugurou o Ano da Memoria o pasado sábado nun emocionante acto organizado pola consellaría de Cultura onde perto de 400 persoas se xuntaron para homenaxear os máis de cinco mil presos que foron alí recluídos dende 1936. A Illa de San Simón é dende o sábado a "illa da xustiza", tal como dixo a conselleira Ánxela Bugallo, que anunciou a creación do Centro da memoria en San Simón, que albergará unha exposición permanente sobre a represión franquista. Ao acto acudiron os escritores Xosé Neira Vilas, Salvador García Bodaño, Marga do Val, Claudio Rodríguez Fer e Xesús Rábade, así como escritora Mariví Villaverde, que estivo exiliada durante a época franquista. Pero o auténtico protagonista do día foi Manuel Barros, antifranquista e antigo preso na illa, que lles explicou aos asistentes como era a vida no cárcere de San Simón. Poden ver a crónica gráfica completa na nosa galería.

- 18:45 10/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)