Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS ORDENSES CONSEGUEN EDITAR O PRIMEIRO LP DE HIPHOP NA NOSA LINGUA

Novidades discográficas en galego: Dios Ke Te Crew e The Homens

Dende deste luns está nas tendas Xénese, o primeiro disco de longa duración de Dios Ke Te Crew. O colectivo de hiphop ordense edita este CD co seu propio selo discográfico, DKTCSONS, en colaboración coa disqueira luguesa Falcatruada e distribución a cargo de Discmedi, que o porá nas tendas do Estado español e mais de Portugal. Aínda que a web do grupo está de momento "en construción" podemos atopar xa algunha peza en MP3, e aquí poden descargar un dossier do disco. Contámosvos de paso doutro grupo compostelán, The Homens, que veñen de editar a súa segunda maqueta de power pop en galego, que se pode mercar e tamén descargar na súa web. En Vieiros terémosvos informados dos concertos de presentación dos traballos destes e doutros grupos galegos.

- 08:50 11/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)