Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMPAÑA DO CONSELLO DE XUVENTUDE

Mobilizando os mozos contra a precariedade

"Que ninguén che engane, traballa polo xusto". Velaí o lema da campaña que se vén realizando noutros puntos do Estado e que agora traen a Galiza o Consello da Xuventude e UXT-Galiza, co obxetivo de concienciar e "chamar a atención sobre a situación de precariedade no emprego que vive o país e que lle afecta especialmente aos mozos". Nove de cada dez contratos son de carácter temporal, os salarios son unha media do 30% máis baixos, a miúdo as taxas de sinistralidade son maiores... "Os mozos pasan dos 30 anos cumpridos sen ningún tipo de seguridade nin estabilidade, incapaces de independizarse", láianse os promotores da campaña. A campaña inclúe unha primeira fase de difusión do problema, outra de denuncia das situacións concretas e unha terceira fase chamando á mocidade a organizarse na defensa dos seus dereitos e participar nos procesos sindicais.

  • Anteriores: O paro e a mala calidade dos empregos son os problemas que máis preocupan os galegos
  • O bipartito premiará a contratación indefinida e penalizará as empresas que abusen dos contratos
  • temporais
  • Os licenciados galegos que atopan traballo non pasan de 600 euros ao mes
  • Traballo asígnalle o 40% do seu orzamento a un plan de emprego para a xuventude

- 06:56 19/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)