Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTUDOS GALEGOS EN LIVERPOOL

A literatura galega, por primeira vez nas xornadas dos hispanistas británicos

Hoxe rematan en Liverpool as xornadas anuais da Asociación de Hispanistas de Gran Bretaña e Irlanda (AHGBI), as máis importantes do hispanismo británico, que se iniciaron o pasado luns 24. Por vez primeira este ano as xornadas inclúen un panel de Estudos Galegos, organizado por Craig Patterson. Segundo o profesor de literatura galega na Universidade de Stirling (Escocia) e colaborador de Vieiros, a presenza galeguista nestas xornadas supoñen "todo un paso diante tocante á visibilidade dos estudos galegos a nivel internacional". Neste panel estarán presentes distintos expertos en literatura galega que traballan en universidades galegas e de fóra.

- 11:47 26/04/2006
Tags:

Así, pola Universidade de Santiago estará Dolores Vilavedra, cunha ponencia titualda O Bosque animado da narrativa galega
actual
; dende Cork virá Martín Veiga, premio e poeta, con Un pequeno teatriño infantil: xénero e voces en 'Lapidario', de Miguel Anxo Murado; dende Oxford María Liñeira para falar de A presenza da literatura e cultura galegas na revista Destino. O moderador será David MacKenzie, director do Centro de Estudos de Cork.


0/5 (0 votos)