Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XUNTA INSISTE EN QUE GALIZA TEÑA MÁIS COTA

Os concellos queren participar activamente nas políticas eólicas

"Entendemos que debemos obter uns beneficios que nos corresponden por dereito", indicou Xosé Crespo, alcalde de Lalín e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Fegamp, na apertura do foro "Administración Local e Enerxía Eólica". Tamén este xoves, o conselleiro de Industria criticaba que o goberno español incumpra agora o compromiso adquirido para concederlle a Galiza unha potencia eólica que dobra á que agora ofrece o ministerio.

- 07:05 28/04/2006
Tags:

O presidente da Fegamp insistiu no "dereito dos gobernos locais a participar activamente nas políticas eólicas porque entendemos que debemos obter uns beneficios que nos corresponden por dereito". Xosé Crespo afirmou que "é de xustiza que os concellos, que somos os maiores sufridores desas infraestruturas, e que tivemos ata o momento un papel bastante residual porque se nos negaba a voz e eramos simples convidados de pedra, sexamos tidos en conta dun xeito especial nos repartos de megavatios que se fagan no futuro".

No foro de concellos e enerxía eólica celebrado en Santiago este xoves, Crespo tamén se referiu á polémica pola redución da cota de produción asignada a Galiza. "Para que os municipios podamos obter o rendemento que nos toca é condición indispensábel que se manteña a produción eólica prevista para Galiza", subliñou. Así, e ao respecto da xustificación argumentada desde o ministerio de Industria para recurtar esa cota inicialmente prometida, pediu que "poidamos contar coa axuda do goberno central e da Xunta para que se solucionen os problemas que darían ao traste coa instalación de 6.500 megavatios de producción eólica en Galiza de aquí a 2010". Na súa opinión, é posíbel superar os problemas técnicos apuntados.

Sobre este asunto, o propio conselleiro de Industria e Innovación, Fernando Blanco, asegurou que o presidente e o vicepresidente da Xunta poden dar testemuño do compromiso persoal adquirido polo presidente do goberno español para que Galiza tivese en 2010 unha potencia eólica instalada de 6.500 megavatios. Lembrámoslles que o ministro de Industria, José Montilla, anunciou o recurte desa cifra até a metade. Ao fío, o presidente da Xunta comentou que esa promesa se producira nunha conversa informal, sen existir documento asinado. Así e todo, Emilio Pérez Touriño recoñeceu que sería necesario incrementar esa cota, apuntou problemas técnicos derivados da necesidade ed incorporar a produción enerxética á rede estatal e amosouse a prol de negociar, asegurando que malia a proposta do miniterio "nada está pechado".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: