Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CICLISMO DE MONTAÑA

Eva Castro, sexta na Copa do Mundo de fourcross

O ciclismo de montaña está a facer grandes progresos en Galiza e a súa mellor respresentante é a ciclista oleirense Eva Castro. Unha boa mostra é a brillantísima sexta posición na Copa do Mundo de fourcross que tivo lugar o sábado no circuíto de Fragoselo, en Coruxo (Vigo). A vitoria correspondeulle á estadounidense Jill Kintner. En homes o vencedor foi o checo Michal Prokop.

- 21:41 07/05/2006
Tags:

Galiza achégase paseniño ao cumio dunha das probas máis espectaculares do ciclismo de montaña, o fourcross. a oleirense Eva Castro, que xa ten demostrado que non ten rival dentro do estado, competiu ao máximo nivel e desputou as mellores prazas na semifinal da primeira proba da Copa do Mundo, celebrada en Vigo. Castro, que corría cunha lesión na man e aínda o luns era dúbida a súa participación, conseguiu coarse nas semifinais, pero non deu pasado á loita pola vitoria xeral. Ao cabo foi sexta ao quedar segunda na final de consolación. Castro recibiuno "con moita alegría (.wav)", posto que "entrar nunha semifinal deste nivel sempre é bo".

A seguinte cita competitiva de Castro será na Copa do Mundo de Escocia, en Fort William, co obxectivo xeral de poder estar entre as dez primeiras en todas as probas da Copa do Mundo. Castro forma parte do SCR Specialized, na actualidade o único clube de ciclismo galego profesional, e feminino, pero centrado na competición en estrada.

A vitoria na categoría feminina foi para a estadounidense Jill Kintner, mentres que en homes o vencedor foi o checo Michal Prokop. Ambos os dous confirmaron que non teñen rival na especialidade. O checo e a norteamericana impuxéronse por segundo ano consecutivo, logo de venceren todas as tandas de clasificación ata chegar á final. Agora son tamén os dous líderes da Copa do Mundo.

Na especialidade de descenso os galegos non tiveron tanta sorte. En homes Xurxo Aguín non se meteu en ningunha loita de consideración, e quedou moi moi lonxe dos postos de cabeza nunha proba que venceu o británico Steve Peat. En mulleres, a viguesa Violeta Janeiro quedou de 23ª, unha boa posición pero aínda afastada das mellores, entre as que destacou a francesa Sabrina Jonnier, que ademais de gañar o descenso levou a prata no four cross.

A proba estivo presidida polos adhesivos do colectivo veciñal que desexan o mantemento do circuíto (.wav). As pistas de descenso no monte de Fragoselo pertencen á comunidade de veciños, e existen desputas entre os partidarios de que se manteñan as instalacións deportivas e que se fagan permanentes, e os que cren que se deberían suprimir e reconverter o espazo para o cultivo forestal e a conservación dun petroglifo que existe na contorna. Mentres isto non se resolve, os técnicos como Philip Saxena, deseñador de percorridos da Copa do Mundo, e os deportistas como Eva Castro, seguen afirmando (.wav) que o circuíto é o mellor de Europa.


Documentos

0/5 (0 votos)