Nesta edición o Loop abunda no seu desexo de facer copartícipe á cidade deste gran mercado da vídeoarte, e por iso conta cunha oferta variopinta e abundante. Para que non te perdas nun programa tan intenso, consulta aquí os datos da imprescindible, aínda que escasa, participación galega no Off Loop Festival, e logo déixate levar por propostas cosmopolitas, avanzadas e multidisciplinares. Loop é unha plataforma dinamizadora da videoarte, que aglutina todos os axentes relacionados con esta disciplina: artistas, galerías, museos, institucións, curators, distribuidores, coleccionistas, escolas e festivais.
Venres 19 de maio ás 19:00
Off Loop: Videografías femininas: proxeccións e charlas con María Ruido, Sara García e Montse Romaní
:: Vídeo de El Sueño colectivo, Las narrativas del trabajo
:: Vídeo de María Ruido, Ficciones anfibias
:: Vídeo de Sara García Rueda, De la athomo-vasija. Ensayos 6 y 7
Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison
c/ Sant Pere més Baix, 7 – 2a. planta – Barcelona
Exposición de Ana de Matos, Cuerpos de fe
Sala Metrònom
c/ Fusina, 9 – Barcelona
Consulta o programa completo do Off Loop Festival e a Loop Fair, e se atopas algo máis interesánte, recoméndao aquí abaixo.