Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Punto de partida en compostela

Solidariedade Internacional inicia unha campaña na Galiza para fomentar a equidade no comercio

Os santiagueses desfrutarán durante a xornada de mañá do comezo da campaña por un intercambio en condicións de igualdade para produtores, comerciantes e compradores que Solidariedade Internacional iniciará na capital galega e que percorrerá sete vilas máis levando degustacións gratuitas de café e repostería elaborada con produtos de Comercio Xusto por Escolas de Hostelería, ademais de diversos xogos infantís e contacontos, entre outras actividades.

- 17:15 11/05/2006
Tags:

A primeira das paradas da oitava campaña polo comercio xusto traerá á Praza doToural compostelana o contacontos Contos do mundo e a actuación da asociación de malabaristas Cincusfusion. Ademais, os visistantes poderán realizar traballos de globoflexia, pintura de cara ou un collage xigante. Nesta e nas restantes estadías que a iniciativa de Solidariedade Internacional desenvolverá en Galiza, procederase á venta de produtos de comercio xusto.

O sábado será A Coruña quen acolla a campaña e seguiranlle Ourense, Pontevedra, Vigo, Lugo e Vilagarcía. Se ben, nesta segunda xornada, os asistentes ás actividades poderán degustar ademais produtos elaborados con materias primas de comercio xusto e que elaborarán os alumnos das distintas Escolas e Institutos de Ensinanza Secundaria de hostelería das distintas localidades. No domingo, Rivadabia pechará a festa polo comercio xusto cunha actuación de marionetas e co concerto de Alberto Mvundi. Ademais, quen se achegue aos postos de Solidariedade Internacional poderá gozar de xogos de maxia e outras actividades complementarias.


0/5 (0 votos)