Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
10 ANOS NOS TEUS OLLOS

Esta é a noticia número 50.000

Así, sen decatarnos, e mentres acababamos de aquelar os contidos especiais do 17 de maio, case se nos pasa o número da noticia que estades lendo: a número 50.000. Trátase dun número redondo pero en absoluto exacto: fixemos moitas máis noticias antes de usar o sistema de xestión actual, e con el fixemos novas, enquisas, escáneres, artigos de opinión... Aínda non perdemos a conta, pero contamos chegar aos cen mil.

- 19:19 16/05/2006
Tags:

Ademais moito nos presta que cadre co Décimo aniversario de Vieiros e cun día tan especial para nós. Celebramos o 17 de maio dobremente, pola lingua e polas letras, e coma sempre traballando. Mil primaveras máis dan para un millón máis de noticias. Que teñades moi feliz día.


0/5 (0 votos)